lunes, 5 de diciembre de 2016

PREMIO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES AO PROXECTO "COÑECENDO OUTES"

Estamos de noraboa! O noso proxecto do ano pasado "Coñecendo Outes" foi galardoado cun dos premios que conceden as Bibliotecas Escolares de Galicia no III Concurso de Traballo por Proxectos. Moi contentos e emocionados por este galardón!
Pensar que outra escola é posible, unha escola onde non se ensine so a memorizar e onde cabemos todos e todas non é unha utopía, é unha realidade pola que moitos docentes loitamos día a día a pesar das trabas, dos impedimentos, dos recursos e de todos os atrancos que nos aparezan no camiño. Somos eses docentes que estamos convencidos de que os pilares fundamentales nos que se debe basear a educación son o aprender a aprender e tamén a ser, a estar e a convivir.

Se picades neste ENLACE podedes acceder á memoria do noso proxecto e tamén á memoria dos outros galardoados, eu xa lin varios e con cada un aprendo un pouquiño máis.

FELICES!

2 comentarios:

  1. Moitísimas grazas, Charo! E así seguiremos, dando guerra e pelexando polo que cremos que é unha educación de calidade! ;)

    ResponderEliminar
  2. Noraboaaaaa! Un premio merecidísimo. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...